Xornal Dixital

PRÓXIMO COMEZO DE CURSOS SUBVENCIONADOS

Listaxe de cursos que están a piques de comezar nos distintos planos formativos subvencionados da forGA

Consulta as condicións das distintas ofertas formativas, e solicita praza naqueles cursos que che interesen antes de que comecen.

Ler máis...

Curso MF0977_2 - Lingua estranxeira profesional para a xestión administrativa na relación co cliente

Dirixido a persoas autónomas e desempregadas que cumpran os requisitos de acceso para os certificados de nivel 2.

Prazo de solicitude ata o 30 de abril

 

Ler máis...

Publicadas as listaxes provisionais de Acreditación de Competencias

Veñen de ser publicadas as listaxes provisionais  das persoas admitidas e excluídas na convocatoria de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral ou vías non formais de formación (Consellería de Educación). Prazo de reclamacións ata o 11 de abril.

Ler máis...

II Xornadas Internacionais "Comprendermos a crise"

Os vindeiros 11 e 12 de abril, a Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza (FESGA) organiza en Pontevedra, no Pazo da Cultura, co apoio do Concello de Pontevedra a segunda edición das Xorndas Internacionais “Compredermos a crise”, intituladas : “Europa na encrucillada: crise sistémica, euro e UE”. Ollado en comprendermosacrise.info

Ler máis...

Fórum Galaico Transmontano

Lançamento do livro Emigrantes, exilados e perseguidos: a comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940).

Ollado en forum-galaicotransmontano.

Ler máis...

Convocadas probas de avaliación en Competencias Clave no ano 2014

DOG Núm. 51 – Venres, 14 de marzo do 2014.- RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Prazo: ata o 10 de abril de 2014

Ler máis...

A Consellería de Traballo e Benestar acumula 9 resolucións xudiciais desfavorábeis, ditadas polo TSXG, anulando outras tantas decisións, en materia de formación para o emprego, polas que denegan cursos de formación á CIG e á forGA

A Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza vai camiño de facerse un oco no libro guinness dos records, con apoio nas súas múltiplas decisións ilegais, en materia de formación para o emprego, fronte a solicitudes da CIG e da súa fundación forGA.

O departamento de Traballo da Xunta de Galiza acumula, dende o ano 2009, mais de 9 resolucións xudiciais, polas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza reproba, unha e outra vez, os seus acordos denegatorios, por ter incorrido, reiteradamente, en violacións do principio de motivación dos actos administrativos, do dereito á defensa e, mesmo, do principio de igualdade e non discriminación.

Ler máis...